Pechar× Chámanos +34 (988) 422 776
ou +34 677 561 406
  • Triay

    Viño con sabor da terra.

Certificacións e Premios

A asociación de Sumilleres GALLECIA otorga ao viño TRIAY tinto 2009, de TRIAY ADEGAS DE OIMBRA SL, como resultado da cata final das Distincións Gallaecia 2010, que tiveron lugar en Silleda - Pontevedra os días 30 e 31 de Agosto de 2010.
Certifica: Que o Viño tinto "TRIAY 08", de TRIAY ADEGAS DE OIMBRA, obtivo en cata cega, unha calificación de 85/100 puntos. A cata organizada e realizada pola Asociación Galega de Catadores celebrouse na Sala de Catas do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.
Certifica: Que o Viño branco "TRIAY 08", de TRIAY ADEGAS DE OIMBRA, obtivo en cata cega, unha calificación de 93/100 puntos. A cata organizada e realizada pola Asociación Galega de Catadores celebrouse na Sala de Catas do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei.
Prata - Triay blanco 2012 - Triay Adegas de Oimbra
Ouro - Triay tinto 2012 - Triay Adegas de Oimbra

Vino, fonte de vida.

A vide, “herba da vida”. Así foi identificada polas antigas civilizacións de Oriente, pois este cultivo que da froito cada ano ata a eternidade, era considerado fundamental para a nutrición e supervivencia dos pobos. De sobra sabían que o viño, ademáis de emborrachar, alimenta. E de Siria, Sumeria ou Exipto pasou a Israel, como símbolo de inmortalidade. Para os gregos o viño era o sangue de Dioniso, portadora do delirio místico e fonte vivificadora. E de Grecia pasou a Roma, co seu famoso culto a Baco, que non só tiña que ver cos botellóns e orxías, pois a presenza da vide e da vendima na iconografía funeraria volve a incidir na misma idea.

O proceso

A calidade do viño é nun 80% o coidado na viña e o seu trato as primeiras semanas na adega. Esta é a razón pola que coidamos os viñedos, situados nas ladeiras do monte Ladairo, todos os días do ano.
A vendima realízase manualmente, seleccionando as mellores uvas en caixas perforadas para a súa ventilación.

Unha vez na adega, dotada de modernas instalacións, as uvas procésanse co máximo coidado, para posteriormente proceder á elaboración do viño en depósitos de aceiro inoxidable con fermentación a temperatura controlada e unha estabilización estática.
Todo isto, ademáis do clima caluroso no verán e carente de néboas, cunha humidade equilibrada, da vida aos nosos caldos.

Os nosos viños